Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/74-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Telefónica Móviles España, S.A. e dous máis.

Domicilio social: Rúa do Vinteún (pl. Mil), 10 baixo, 32001 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., estación telefonía móbil no Regueiro.

Situación: Esgos.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 663 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. O Pinto-Esgos e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V para telefonía móbil no Regueiro. Rede de baixa tensión aéreo-subterránea (440 m, máis 25 m) desde o C.T. ata a estación de T.M.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 28 de novembro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense