Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto das obras de clave PO/03/022.03 e tres máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas, Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: arranxo do firme de camiños e pistas rurais. Convenio da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Concello de Salceda de Caselas 30-12-2002.

Clave do expediente: PO/03/022.03.

Orzamento base de licitación: douscentos corenta e dous mil seis euros con sesenta e sete céntimos (242.006,67 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: reforzo do firme na C-641 Lugo a Ferrol por Vilalba p.k. 487 ó 505, treito Espiñaredo-Vista Alegre.

Clave do expediente: AC/03/059.02.

Orzamento base de licitación: cincocentos vinte mil euros (520.000 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

c) Descrición do obxecto: reforzo do firme nas estradas AC-121, enlace da C-641 coa AC-564 p.k. 0,000 ó 12,100, enlace AC-142 ramal da C-641 A Capela p.k. 19,000 ó 24,800, enlace AC-144 de Pontedeume a Taboada p.k. 0,000 ó 2,000, treito O Rosal-A Capela-Saa-Pontedeume.

Clave do expediente: AC/03/058.02.

Orzamento base de licitación: novecentos corenta e seis mil trescentos quince euros (946.315 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría f.

División por lotes e número: non hai.

d) Descrición do obxecto: reforzo do firme da estrada AC-260 camiño da N-525 a Ponteledesma p.k. 0,000/16,665 A Susana-Ponteledesma.

Clave do expediente: AC/03/060.02.

Orzamento base de licitación: seiscentos mil euros (600.000 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares, relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo 19-21, teléfono 981 59 33 85.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (ver parágrafo 2.2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: ver parágrafo F, do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás 11 horas, do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº A), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

O importe estimado máximo DOG: por liña 9,56 euros.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda