Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de abril de 2003, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións dictadas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02268-O-2002 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), dictadas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula. No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante ingreso que debe efectuar

en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390005, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo e, de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 16 de abril de 2003.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-02268-O-2002

M-9483-NL

G.C. de Tráfico

Fernando Machado dos Anjos

Lugar Torneiros-A Rezua, 49

36400 O Porriño (Pontevedra)

Circular carecendo de autorización de transportes. Non mostra distintivos. Servicio privado complementario.

9-7-2002; 13.45; G-104.01; 0

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

PO-02515-O-2002

PO-7358-BH

G.C. de Tráfico

Hot Points, S.L.

Ruiseñor, 3

Vigo (Pontevedra)

Circular transportando lévedo carecendo de tarxeta de transportes (datos comprobados na terminal de transportes). Non a presenta. Servicio privado.

6-6-2002; 17; PO-242; 3,5

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros

PO-02900-O-2002

B-4445-MC

G.C. de Tráfico

José Manuel da Silva Domínguez

José Antonio, 16-2º A

36450 Salvaterra de Miño

(Pontevedra)

Circular transportando material de construcción carecendo de autorización de transportes. Carece de tódolos distintivos de raio de acción. Servicio privado.

6-8-2002; 8.55; A-9; 137,500

Art. 103 Lei 16/1987 e

art. 158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

150 euros