Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2003 pola que se convoca un curso sobre dereitos humanos e ética policial, en virtude do convenio de formación asinado coa Deputación Provincial da Coruña, que se realizará no concello de Boiro.

Dentro das actividades programadas para o ano 2003, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a realización dun curso sobre dereitos humanos e ética policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñece-los cambios sociais que afectan ás relacións policía-cidadán, así como a recomendación 10-2001 do Comité de Ministros do Consello de Europa sobre o Código Europeo de Ética da Policía.

-Coñece-los criterios de comportamento profesional: principios básicos de actuación, integridade moral e dignidade profesional.

-Domina-los valores de importancia nas relacións corporativas: trato cos superiores, iguais e inferiores; disciplina e xerarquía.

-Ter claros os principios que rexen nas relacións coa comunidade: corrección, atención, calidade e imaxe pública da policía.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 3 de xuño de 2003, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña, Servicio de Asistencia a Municipios (fax: 981 18 33 33), avda. Alférez Provisional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 16 ó 20 de xuño de 2003.

O horario será de 16.30 a 20.30 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. Integridade e dignidade socioprofesional.

II. Relacións corporativas.

III. Relacións coas autoridades.

IV. Relacións coa comunidade.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 11 de xuño a partir das 14 horas, tanto pola Deputación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade. Os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 981 18 33 13 (Servicio

de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).

Lugar.

O curso desenvolverase no Concello de Boiro, na aula 1 do Centro Sociocultural, sito na rúa Principal, s/n, desa localidade.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 13 de maio de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA