Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.589

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición (proba de coñecemento do idioma galego).

En sesión que tivo lugar o día 16 de maio pasado, o tribunal designado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais, e Administración Pública do 6 de marzo de 2003 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado pola Orde do 10 de outubro de 2002 (DOG nº 199, do 15 de outubro) de conformidade co disposto nas bases II.1 b) e II.2 da convocatoria,

ACORDOU:

1. Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio e que a seguir se relacionan que, segundo a información facilitada pola Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, non acreditaron a posesión do curso de iniciación ó galego ou estudios equivalentes, para realiza-lo segundo exercicio da oposición:

NomeDNI

Bande Díaz, Javier32448404

Calzada Castaño, Mª Esther09755139

Carreira Núñez, Carlos Alberto20180475

Rey Casal, José Mª20222010

Rey Santorun, María35466085

Ricón Prieto, Montserrat36096422

Rivera Alanis, María36160177

2. Que o segundo exercicio da fase de oposición se realizará o día 27 de maio de 2003, ás 16.30 horas, no seminario B da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid 2-4, Santiago de Compostela.

Os aspirantes que se citan deberán presentarse para a realización do exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo deberán presentarse provistos do correspondente lápis do número 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2003.

Pedro Puy Fraga

Presidente do tribunal