Dentro das actividades programadas para o ano 2003, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a realización dun curso sobre dereitos humanos e ética policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
-Coñece-los cambios sociais que afectan ás relacións policía-cidadán, así como a recomendación 10-2001 do Comité de Ministros do Consello de Europa sobre o Código Europeo de Ética da Policía.
-Coñece-los criterios de comportamento profesional: principios básicos de actuación, integridade moral e dignidade profesional.
-Domina-los valores de importancia nas relacións corporativas: trato cos superiores, iguais e inferiores; disciplina e xerarquía.
-Ter claros os principios que rexen nas relacións coa comunidade: corrección, atención, calidade e imaxe pública da policía.
Publicación.
Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.
Destinatarios.
O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
30 prazas.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 3 de xuño de 2003, ás 14 horas.
3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña, Servicio de Asistencia a Municipios (fax: 981 18 33 33), avda. Alférez Provisional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Datas.
O curso realizarase en datas do 9 ó 13 de xuño de 2003.
O horario será de 16.30 a 20.30 horas.
Contido.
O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:
I. Integridade e dignidade socioprofesional.
II. Relacións corporativas.
III. Relacións coas autoridades.
IV. Relacións coa comunidade.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos farase pública o día 5 de xuño a partir das 14 horas, tanto pola Deputación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade. Os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 981 18 33 13 (Servicio de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).
Lugar.
O curso desenvolverase no Concello da Coruña, nas aulas da Deputación Provincial do Pazo de Mariñán.
Certificado de asistencia.
Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este.
Modificacións.
Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 13 de maio de 2003.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade