Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.583

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003 pola que se convoca un curso sobre dereitos humanos e ética policial, en virtude do convenio de formación asinado coa Deputación Provincial de Pontevedra, que se realizará no concello de Gondomar.

Dentro das actividades programadas para o ano 2003, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Pontevedra, anúnciase a realización dun curso sobre dereitos humanos e ética policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñece-los cambios sociais que afectan ás relacións policía-cidadán, así como a recomendación 10-2001 do Comité de Ministros do Consello de Europa sobre o Código Europeo de Ética da Policía.

-Coñece-los criterios de comportamento profesional: principios básicos de actuación, integridade moral e dignidade profesional.

-Domina-los valores de importancia nas relacións corporativas: trato cos superiores, iguais e inferiores; disciplina e xerarquía.

-Ter claros os principios que rexen nas relacións coa comunidade: corrección, atención, calidade e imaxe pública da policía.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia de Pontevedra.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 29 de maio de 2003, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Pontevedra, Área de Recursos Humanos e Formación (fax: 986 80 41 41), avda. Montero Ríos, s/n, 36001 Pontevedra; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 2 ó 6 de xuño de 2003.

O horario será de 16.30 a 20.30 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

I. Integridade e dignidade socioprofesional.

II. Relacións corporativas.

III. Relacións coas autoridades.

IV. Relacións coa comunidade.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 30 de maio a partir das 14 horas, tanto pola Deputación Provincial de Pontevedra como pola Academia Galega de Seguridade. Os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 986 80 41 00 extensión 306/307 (Área de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra).

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Desenvolvemento Local, sito na avenida Conde, s/n, no concello de Gondomar.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Pontevedra, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 12 de maio de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade