Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.537

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, reposterías e pratos precociñados.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, reposterías e pratos precociñados, con nº de código 3601015, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-3-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios Artesanos de Pastelería y Panificación (Arpaspan), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 20-2-2003. De conformidade co disposto no artigo 13 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Adminis

tración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de abril de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Asistentes.

Representación económica.

José Carlos Andrade Lago.

Avelino Nieto Martínez.

Representación social.

Pola CIG: Luciano Villar González.

Por CC.OO.: Ana Simón.

Por UGT: Ignacio Couñago Lara.

En Vigo e nos locais da Asociación Provincial de Empresarios Artesáns de Pastelería da provincia de Pontevedra, sendo as vinte horas do día vinte de febreiro de dous mil tres, reúnense as persoas na marxe sinalada na súa condición de membros da comisión deliberadora para o convenio colectivo de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, reposterías e pratos precociñados de Pontevedra para trata-la seguinte:

Orde do día.

Único: revisión de táboas salariais convenio colectivo para o sector de confeiterías, pastelerías, reposterías e pratos precociñados da provincia de Pontevedra.

Aberta a sesión, ámbalas partes manifestan o seguinte:

a) Que son a representación válida de empresarios e traballadores ós que afecta o ámbito deste convenio.

b) Que se recoñecen reciprocamente nesa misión.

c) Que non existe amizade ou inimizade manifesta entre eles que dificulte ou menoscabe o normal desenvolvemento da negociación.

Reunida a comisión paritaria para establece-la revisión salarial segundo establece o artigo 13 do convenio colectivo de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, reposterías e pratos precociñados da provincia de Pontevedra, chégase ó seguinte acordo:

1º O índice de prezos ó consumo (IPC) entre o período de 1-1-2002 a 31-12-2002 é do 4% segundo consulta realizada ó Instituto Nacional de Estatística.

2º A revisión salarial queda establecida no 1,5%, que vén determinada pola do artigo 13 do convenio no que se establece que se o IPC supera o 2,5% durante o ano 2002 se aplicaría a citada revisión salarial desde a citada porcentaxe (2,5%) ata o IPC do período comprendido entre o 1-1-2002 e o 31-12-2002 (4%).

3º Que do anteriormente exposto as táboas salariais para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2002, queda como segue:

Táboas salariais desde o 1-1-2002 a 31-12-2002

Categorías profesionaisSalario base

Persoal de obradoiro
Mestre de obradoiro800,87
Encargado800,87
Oficial técnico de 1ª729,82
Oficial de 1ª729,82
Oficial de 2ª606,37
Axudante561,34
Peon539,37

Persoal de acabado e empaquetado
Encargado735,40
Auxiliar de máis de 18 anos571,13

Persoal de oficios varios
Oficial de primeira735,40
Oficial de segunda596,27
Oficial de terceira561,34

Categorías profesionaisSalario base

Subalternos
Vixilante (mercantil)663,29
Vixilante (obradoiro)549,68
Persoal de limpeza (por horas)---

Administrativos
Xefe de primeira824,28
Xefe de segunda791,42
Oficial de primeira758,75
Oficial de segunda647,99
Auxiliar576,91

Persoal mercantil propiamente dito
Corredor de praza629,33
Dependente606,37
Dependente maior629,33
Axudante569,62

Lida a presente acta-acordo, os asistentes asínano de conformidade, sendo as vinteúnha horas do día arriba mencionado, dándose por convocadas as partes para unha vindeira sinatura da revisión salarial, que terá lugar o día vintecinco de febreiro de dous mil tres.