Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.538

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de industrias e comercio vitivinícolas.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de industrias e comercio vitivinícolas, con nº de código 3600815, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-3-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Viños e Licores, e da parte social, polas centrais sindicais UGT e CIG, con data 10-3-2003. De conformidade co disposto no artigo 9º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de abril de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para as industrias e comercio vitivinícolas de Pontevedra

En Vigo, sendo as 19 horas, reúnense nos locais da Confederación Intersindical Galega (CIG) as persoas abaixo citadas:

Representantes da parte social:

Luciano Villar González (CIG).-Ignacio Couñago Lara (UGT).

Representantes da parte económica:

Carlos Villanueva.

Ámbalas dúas partes reúnense para aplica-lo aumento salarial para o ano 2003 que figura no artigo 9 do convenio colectivo en vigor, que consiste no IPC previsto polo goberno máis o 0,5% (2,5%) polo que se acorda actualiza-las táboas e demais conceptos económicos na porcentaxe antes mencionada como se detallan a continuación:

Artigo 13º.-Axudas de custo.

Media axuda de custo: 7,60 A.

Axuda de custo completa: 5,90 A.

Artigo 14º.-Complemento de incapacidade: 56 A.

Artigo 16º.-Complemento de locomoción: 6,23 A.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes:

En caso de morte: 15.228 A.

En caso de incapacidade: 26.530 A.

Artigo 21º.-Xubilacións: 1.107 A.

Quedan ó remate aceptadas polas dúas partes as modificacións do convenio mencionado nesta acta.

Vigo, 10 de febreiro de 2003.

Táboa salarial

Ano 2003

Grupo A. Técnicos/as titulados:
a) Con título superior669,33 A
b) Con título inferior641,65 A
c) Practicante540,90 A

Técnicos/as non titulados:
a) Encargado/a xeral de bodega ou fábrica615,00 A
b) Encargado/a de laboratorio590,40 A
c) Axudante de laboratorio565,80 A
d) Auxiliar565,80 A

Grupo B. Administrativos/as:
a) Xefe/a de primeira641,65 A
b) Xefe/a de segunda615,00 A
c) Oficial de primeira590,40 A
d) Oficial de segunda565,80 A
e) Auxiliar556,58 A
f) Aprendiz de 1º ano492,00 A
g) Aprendiz de 2º ano506,35 A

Grupo C:
a) Cobrador/a556,58 A
b) Almaceneiro/a556,58 A
c) Pesador/a ou basculeiro/a556,58 A
d) Garda xuramentado556,58 A
e) Vixilante ou sereno556,58 A
f) Porteiro/a556,58 A
g) Ordenanza556,58 A
h) Telefonista556,58 A
i) Mozo dos recados ou recadeiro/a556,58 A
k) Persoal de limpeza556,58 A

Grupo D. Obreiros/as:
a) Profesionais de oficio:
-Capataz de bodega ou fábrica616,03 A

-Encargado/a de sección616,03 A
-Oficial de primeira590,40 A
-Oficial de segunda565,80 A
-Encargado/a de cuadrilla565,80 A
b) Peóns especializados:
-Categoría xeral556,58 A
-Embotelladora e etiquetadora556,58 A
c) Peóns:556,58 A