Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. José Salgado 45.
Situación: concello de Caldas de Reis.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.Z. de 42 m de lonxitude, desde o TIB 802-canle, entre os CC.TT. grupo escolar e Bermaña, e remate no punto de orixe, unha vez que entre e saia do C.T. proxectado de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, en José Salgado no concello de Caldas de Reis.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 7 de abril de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra