Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/212-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. PERI-5 A Ramallosa.

Situación: concello de Nigrán.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 245 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Romana II, alimentando en bucle o C.T. proxectado PERI-5 e remate no empalme coa L.M.T. GON 8.04, á altura do C.T. A Romana II. C.T. de 400 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, localizado na Ramallosa, no concello de Nigrán.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 7 de abril de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra