Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.D. e C.T. Sárdoma-universidade 3ª fase, Beade.
Situación: concello de Vigo.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.Z. de 1.752 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Beade (SDM7011599) e remate na L.M.T. Beade (ADM7011606). Centro de distribución localizado na rúa Balde e C.T. de 250 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V, na rúa Cavada, Beade, no concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 3 de abril de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra