Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/34-2, 6022 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no título VII do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea, C.T. 630 kVA, R.B.T. subterránea en concello de Burela.

Situación: Burela.

Descricións técnicas: L.M.T. lonxitude 250 m, conductor 150, orixe C.T. edificio Porches e final en C.T. Concello de Burela. C.T. de concello de Burela, en rúa Eijo Garay de 630 kVA, prefabricado en caseta. R.B.T. lonxitude 70 m, orixe C.T. Concello de Burela e final no Concello de Burela e centro de saúde.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de abril de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo