Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.501

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira, con nº de código 3600085, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-3-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Madeira (ASEMA), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 19-3-2003. De con

formidade co disposto no artigo 28º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de abril de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra

Asistentes:

Representación social:

CC.OO.:

Francisco Estévez Rodríguez.

CIG:

Alberto Fernández Campo.

UGT:

Ramón Carrera Molares.

Representación empresarial:

Raúl Pedreira Cadaval.

Antonio González González.

Enrique Comesaña.

Javier Pego.

Francisco Redondo.

Secretaria de actas:

Marta Iglesias Pereira.

En Vigo, nos locais da Confederación de empresarios de Pontevedra, sendo as dezaoito trinta horas do día 19 de marzo de dous mil tres, reúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo de traballo do sector de almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida no convenio. Asisten os señores arriba sinalados.

O artigo 28º.-Revisión salarial establece que no caso de que o incremento anual do IPC o 31 de decembro de 2002 fose superior ó 2%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A revisión levarase a cabo unha vez que o INE constate oficialmente o IPC real do ano 2002 e aboarase con efectos do primeiro de xaneiro do dito ano. Os atrasos devengados serán aboados dunha soa vez. O IPC o 31 de decembro de 2002 rexistrou un incremento do 4%, polo que deberá efectuarse unha revisión salarial do 2% resultando a táboa salarial anexa:

Táboa de salarios ano 2002

CategoríasSalario/mes euros

* Persoal administrativo

Xefe administrativo1.018,73

Oficial de 1ª894,99

Oficial de 2ª838,21

Auxiliar, telefonista e mecanógrafo/a742,92

* Viaxante

Viaxantes corredores de praza838,21

* Persoal en xeral

Encargado871,72

Serrador de 1ª838,21

Serrador de 2ª775,36

Serrador de serra circular771,25

Dependentes758,36

Peón especialista758,36

Carreteiro mozo750,58

Peón732,12

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a Marta Iglesias Pereira para levar a cabo as xestións nece

sarias. Ó non haber máis asuntos que tratar levántase a sesión sendo as dezaoito horas trinta minutos do día arriba indicado.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA