Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.500

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo da empresa Nestlé España, S.A.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo da empresa Nestlé España, S.A., con nº de código 3601172, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-3-2003, subscrita en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 14-3-2003. De conformidade co disposto no artigo 5º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que conste nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de abril de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Modificacións acordadas nas retribucións do capítulo V e conceptos económicos do capítulo VII do vixente convenio colectivo de Nestlé España, S.A., Fábrica de Pontecesures.

Os valores dos seguintes artigos do convenio colectivo quedan modificados para o ano 2003 na forma que a continuación se expresa:

Artigo 18º.-Salarios.

As retribucións quedan establecidas conforme se indica no anexo I que substitúe o anterior.

Artigo 19º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio serán, sen distinción de categorías, a razón de 24,73 euros brutos por cuadrienio en cada unha das doce mensualidades e tres gratificacións extraordinarias.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

O valor delas queda establecido conforme se indica no anexo II que substitúe o anterior.

Artigo 22º.-Complemento nocturnidade.

Os importes sinalados neste artigo establécense como segue:

Punto 1): 15,13 euros brutos.

Punto 2): 8,44 euros brutos.

Artigo 23º.-Complemento dominical.

Os importes deste artigo establécense como segue:

Punto 1): 34,10 euros brutos.

Punto 2): 17,05 euros brutos.

Artigo 27º.-Axuda durante o servicio militar.

O importe deste artigo establécese en 161,27 euros brutos.

Artigo 28º.-Axuda por xubilación, invalidez permanente ou falecemento.

O importe deste artigo establécese en 134,55 euros brutos por ano de servicio, cun mínimo de 2.018,25 euros brutos.

Artigo 30º.-Axuda gardería.

O importe deste artigo establécese en 69,35 euros brutos mensuais.

Artigo 31º.-Axuda por minusvalía.

O importe deste artigo establécese en 131 euros brutos mensuais.

Artigo 32º.-Obsequio por nupcialidade.

O importe deste artigo establécese en 161,27 euros brutos.

Artigo 33º.-Obsequio natalidade.

O importe deste artigo establécese en 103,67 euros brutos.

Artigo 35º.-Obsequio de reis.

O importe deste artigo establécese en 36 euros brutos.

Artigo 36º.-Obsequio por anos de servicio.

Os importes deste artigo establécense nas seguintes cantidades:

25 anos: 1.217 euros brutos.

40 anos: 1.729 euros brutos.

50 anos: 2.246 euros brutos.

Artigo 44º.-Disposición derradeira.

De conformidade co legalmente establecido, sinálase que este convenio foi negociado polas partes que a continuación se detallan:

Polos representantes da empresa:

José Manuel Carregal Diéguez.

Ángel Andrés Abel Souto.

En representación dos traballadores por:

Elena Pequeño Antela.

Mª Carmen González Pérez.

Leonardo Cobas Pena.

Arturo Ferro González.

Ramón Calvo Fernández.

Luis Alberto Sánchez García.

José Carlos Caamaño Vázquez.

José María Losada Melio.

Ramón Cheda Framil.

A comisión deliberadora, por maioría, aproba as modificacións antes expresadas ó vixente convenio colectivo, permanecendo inalterados os restantes artigos deste e, en proba do acordo alcanzado, os compoñentes dela, dando por terminadas as negociacións, asinan este documento en Pontecesures o 14 de marzo de 2003.

ANEXO I

Fábrica de Pontecesures

Táboa salarial ó 1 de xaneiro de 2003

NivelSalario

base

ComplementoTotal

día

Total

mes

Total

salario

anual

Total 3

gratificación

extraordinara

Gratificación

abril

Total

anual

121,3212,9334,251.027,6412.331,723.082,93726,3516.141

221,3213,6434,961.048,7812.585,373.146,34741,2916.473

321,3214,3135,631.068,7712.825,273.206,32755,4216.787

421,3215,0336,351.090,4813.085,793.271,45770,7617.128

521,3215,7037,021.110,6713.327,983.332785,0317.445

621,3216,3837,701.131,0413.572,463.393,12799,4317.765

721,3217,0638,381.151,4113.816,943.454,24813,8318.085

821,3217,7539,071.171,9814.063,713.515,93828,3618.408

921,3218,4539,771.193,1114.317,363.579,34843,3018.740

1021,3219,1140,431.212,9114.554,963.638,74857,3019.051

1121,3219,8041,121.233,5414.802,503.700,63871,8819.375

ANEXO II

Fábrica de Pontecesures

Táboa horas extraordinarias

NivelValor

19,74

29,95

310,13

410,34

510,53

610,72

710,93

811,11

911,31

1011,50

1111,70