Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva do proxecto sectorial para a nova comandancia da Garda Civil en Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, faise público o acordo, do quince de maio deste ano, adoptado polo Consello da Xunta de Gali

cia, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial para a nova comandancia da Garda Civil en Pontevedra, que literalmente di:

1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial para a nova comandancia da Garda Civil en Pontevedra para os efectos establecidos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2º Declara-la utilidade pública das obras, instalacións e servicios previstos, así como a necesidade de ocupación, se é o cao, para os efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial para a nova comandancia da Garda Civil en Pontevedra.

3º Declarar de marcado carácter territorial as obras previstas no proxecto sectorial para os efectos do disposto no artigo 11.3) do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, e na disposición adicional primeira 2) da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, segundo a redacción recollida na disposición derradeira primeira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

4º Consonte o disposto nos artigos 24 da citada Lei 10/1995 e 11.2) do xa citado Decreto 80/2000, deberase modifica-lo planeamento urbanístico dos municipios de Poio e Pontevedra para adecua-las súas determinacións ó proxecto aprobado conforme nel se recolle.

5º O proxecto sectorial de referencia entrará en vigor o día seguinte ó da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra o devandito acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2003.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo