Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde de 6 de marzo de 2003, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia de Ourense.

Adxudicatario: Misturas Obras e Proxectos, S.A.

Orzamento: 8.087.722 euros.

-Conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia de Lugo zona sur.

Adxudicatario: Obras y Construcciones Cortizo, S.L.

Orzamento: 6.760.108 euros.

-Conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia de Lugo zona norte.

Adxudicatario: Ovisa Pavimentos y Obras S.A.

Orzamento: 6.505.783,89 euros.

-Conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia da Coruña. Zona norte.

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 7.727.424,29 euros.

-Conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia da Coruña. Zona sur.

Adxudicatario: Misturas Obras e Proxectos S.A.

Orzamento: 8.516.283 euros.

-Conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia de Pontevedra. Zona norte.

Adxudicatario: UTE Audeca S.L.-COVSA.

Orzamento: 5.971.970,60 euros.

-Conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia de Pontevedra. Zona sur.

Adxudicatario: OCA, S.A.

Orzamento: 8.852.385,36 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda