Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.435

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

EDICTO (584/2002).

Eu, José Miguel Regueiro Pérez, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número catro, dou fe e certifico que no xuízo referenciado se dictou a

sentencia con seguinte encabezamento e resolución literal:

«Sentencia.

En autos número 584/2002, promovidos ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro sobre divorcio, seguidos por instancia de Nieves Vázquez Valcárcel, representada polo procurador Sr. Querol Orozco e asistida polo letrado Sr. Martínez Gómez, (designados pola quenda de oficio), contra José Méndez Picos, declarado en rebeldía.

Decido que estimando integramente a demanda presentada polo procurador Sr. Querol Orozco en nome e representación de Nieves Vázquez Valcárcel e contra José Méndez Picos, debo dispor e dispoño:

1. A disolución do vínculo matrimonial entre as partes deste proceso, por causa de divorcio, a disolución do sistema económico matrimonial e, ademais, os efectos legais inherentes a esta declaración.

2. Atribúeselle a garda e a custodia da filla menor a Nieves Vázquez Valcárcel. Ámbolos proxenitores terán a patria potestade.

3. Non se establece un réxime de visitas a prol do pai e demandado en autos.

4. Establécese unha pensión por alimentos a cargo de José Méndez Picos e a prol do fillo menor Yago Méndez Vázquez, por un importe de douscentos dez con trinta e cinco (210,35) euros mensuais, cantidades aboables por mensualidades anticipadas e nos primeiros sete días de cada mes, na conta corrente que para o efecto designe a nai e que sufrirán anualmente a variación experimentada polo incremento do índice de prezos ó consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística ou o organismo estatal ou autonómico que no futuro o substitúa nas súas funcións.

5. Condénase en custas o demandado.

En canto sexa firme esta resolución, comuníqueselle de oficio ó encargado do Rexistro Civil das Pontes de García Rodríguez, co fin de que a súa parte dispositiva sexa anotada á marxe da inscrición de matrimonio que consta no dito rexistro.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de apelación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentencia e que será resolto, de se-lo caso e cumpridos os trámites legais, pola audiencia provincial.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado: Alejandro Crespi Rodríguez. Rubricado».

En virtude do acordado nos autos de referencia e para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde José Méndez Picos, expido este edicto en Ferrol o sete de abril de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado