Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.434

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (139/2002).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, certifico que perante esta sección segunda se segue a peza de apelación número 139/2002, na que se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Apelación civil.

A Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, constituída polos señores Abel Carvajales Santa Eufemia, presidente, Mª Mercedes Pérez Mar

tín Esperanza e Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou a seguinte sentencia:

En Ourense o vintesete de xuño de dous mil dous. Vistos en grao de apelación perante esta sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense, os autos de xuízo executivo 524/2000, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Ourense, ós que correspondeu a peza 139/2002, nos que aparece como parte apelante Merrion Reinsurance Company L.T.D. representada pola procuradora Esther Campos Álvarez, e asistida polo letrado Ramón Señol Molina, e como apelado José Luis Cid Conde, Mª Cristina del Río Guimerans, Santa Campaña Galega en situación procesual de rebeldía e Banco Bilbao Vizcaya, representado polo procurador Ramón Montero e asistido da letrada Mª del Carmen Fandiño López, sobre reclamación de cantidade e sendo maxistrada relatora Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza.

Decido que desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia do 20 de xullo de 2001, dictada nos autos de xuízo executivo nº 524/2000, seguido perante este Xulgado de Primeira Instancia número seis desta cidade, debemos confirmar e confirmámo-la mencionada resolución, impoñendo as custas do recurso á parte apelante.

Ó se notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, se remitirá certificación ó xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Abel Carvajales Santa-Eufemia, María de las Mercedes Pérez Martín-Esperanza, Fernando Alañón Olmedo. Rubricados».

E para que así conste e sirva de notificación á demandada-apelada rebelde en paradoiro descoñecido a entidade Santa Compaña Galega, S.L. expido e asino esta cédula en Ourense o nove de abril de dous mil tres.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE FERROL