Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de réxime de v.p.o. E.S.OU-23/2002, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la resolución do expediente sancionador por infracción do réxime legal de vpo por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Os interesados poderán presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial.

O que se lle notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 28 de abril de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Responsable: José Antonio Paz Prieto.

Enderezo: r/ Pablo Iglesias, nº 5, torre 3, 8º C, 32004 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial da que é titular a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5º.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 3.000 euros.