Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.227.331 e dúas máis.

a) Obra.

-Título: abastecemento ó Concello de Xove. Xove (Lugo).

Clave: OH.227.331.

Orzamento: seiscentos oitenta e dous mil setecentos once euros e sesenta e oito céntimos (682.711,68 A), cofinanciado con cargo ós fondos de cohesión da Unión Europea nun oitenta por cento (80%).

Prazo de execución: trinta (30) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: canalización de alivio do regato Ameneiral en Bertamiráns. Ames (A Coruña).

Clave: OH.415.563.

Orzamento: un millón corenta e sete mil douscentos tres euros e noventa e sete céntimos (1.047.203,97 A), cofinanciado con cargo ós fondos de FEDER da Unión Europea nun setenta e cinco por cento (75 %).

Prazo de execución: sete (7) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría e).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: ampliación e mellora dos bombeos e impulsións de Arteixo, Bens e Sabón. Arteixo (A Coruña).

Clave: OH.315.550.

Orzamento: dous millóns setecentos oitenta mil novecentos cincuenta e dous euros e setenta e cinco céntimos (2.780.952,75 A), cofinanciado con cargo ós fondos de cohesión da Unión Europea nun oitenta por cento (80 %).

Prazo de execución: dez (10) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f).

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto-lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, Consellería de Medio Ambiente (rúa Doutor Maceira nº 18, Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 56 09 10/981 56 09 11, fax 981 56 07 91).

Poderase obter unha copia, por conta dos licitadores, dos citados prego e proxecto en CopyNino (rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, galerías-baixo, Santiago de Compostela, teléfono 981 58 89 38).

Así mesmo, o prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación estará dispoñible

no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2502/2504/2503 (un número para acceder a cada obra).

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no epígrafe A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto-lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce (12) horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, ás once (11) horas do día 17 de xuño de 2003, na sala de xuntas da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica na cláusula 2.2.6, constitución e funcionamento da mesa de contratación, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes.

Segundo o especificado no epígrafe F do cadro de características do contrato.

i) Documentos que deberán presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

Emilio García Gallego

Presidente da empresa pública de Obras

e Servicios Hidráulicos