Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.136.517 e tres máis.

a) Obra.

-Título: actuacións para o disipamento e amortecemento das augas do río Umia. Caldas de Reis. (Pontevedra).

Clave: OH.136.517.

Orzamento: catrocentos corenta e tres mil euros (443.000,00 A).

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 7, categoría d).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: EDAR de Coirós. Coirós (A Coruña).

Clave: OH.315.526.

Orzamento: un millón catrocentos trinta e cinco mil cincocentos dezaseis euros e noventa e nove céntimos (1.435.516,99 A).

Prazo de execución: trinta e catro (34) meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría d).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: mellora das redes de saneamento e pluviais no núcleo de Sober. Concello de Sober (Lugo).

Clave: OH.327.350.

Orzamento: douscentos tres mil sesenta euros e setenta e sete céntimos (203.060,77 A).

Prazo de execución: doce (12) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

-Título: saneamento na zona de Vilamaior. Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Clave: OH.336.549.

Orzamento: cento corenta e un mil seiscentos cincuenta euros e trinta e tres céntimos (141.650,33 A).

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, Consellería de Medio Ambiente (rúa Doutor Maceira nº 18, Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 56 09 10/981 56 09 11, fax 981 56 07 91).

Poderase obter unha copia, por parte dos licitadores, dos citados prego e proxecto en CopyNino (rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, galerías-baixo, Santiago de Compostela, teléfono 981 58 89 38).

Así mesmo, o prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación estará dispoñible no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2498/2499/2500/2501 (un número para acceder a cada obra).

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no epígrafe A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce (12) horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, ás once (11) horas do día 12 de xuño de 2003, na sala de xuntas da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica na cláusula 2.2.6, constitución e funcionamento da mesa de contratación, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes.

Segundo o especificado no epígrafe F do cadro de características do contrato.

i) Documentos que deberán presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2003.

Emilio García Gallego

Presidente da empresa pública de Obras

e Servicios Hidráulicos