Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de réxime de v.p.o. E.S. OU-29/02, E.S. OU-30/02 e E.S. OU-31/02, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.

Os interesados poderán presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo de un mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 28 de abril de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: E.S. OU-29/02.

Responsable: Herlofi Promociones y Export., S.L.

Enderezo: r/ A Balorca, nº 3. 32300. O Barco de Valdeorras.

Feitos imputados: neglixencia na execución das obras de edificación da vivenda 3ºE de protección oficial de referencia amparada pola cualificación definitiva 32-P-0008/94.

Infracción: moi grave (art. 6º.1 e) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 3.500 euros.

-Espediente: E.S OU-30/02.

Responsable: Herlofi Promociones y Export., S.L.

Enderezo: r/ A Balorca, nº 3. 32300. O Barco de Valdeorras.

Feitos imputados: neglixencia na execución das obras de edificación da vivenda 1º A de protección oficial de referencia amparada pola cualificación definitiva 32-P-0008/94.

Infracción: moi grave (art. 6º.1 e) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 3.500 euros.

-Expediente: E.S. OU-31/02.

Responsable: Herlofi Promociones y Export., S.L.

Enderezo: r/ A Balorca, nº 3, 32300. O Barco de Valdeorras.

Feitos imputados: neglixencia na execución das obras de edificación da vivenda 4º L de protección oficial de referencia amparada pola cualificación definitiva 32-P-0008/94.

Infracción: moi grave (art. 6º.1 e) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 3.500 euros.