Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 29 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador S-82/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 7 de marzo de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade de Lugo dictou resolución do expediente sancionador nº S-82/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Lugo a Cervecería Mayor (Ramiro Veiga Pérez).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Cervecería Mayor (Ramiro Veiga Pérez) o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Montevideo nº 9 de Lugo, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, cta. contable 840-código 001 ou en Caixanova-Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 29 de abril de 2003.

Dámaso López Rodríguez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

1. Nº expediente: S-82/2002.

2. Denunciado: Cervecería Mayor (Ramiro Veiga Pérez).

3. DNI/NIF: 33321678-Z.

4. Último enderezo coñecido: rúa Monte Pena Maior nº 3, 27004 Lugo.

5. Feitos imputados: infraccións das normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas e das relativas ós manipuladores de alimentos.

6. Preceptos infrinxidos: artigo 35 a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º.1. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º c) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; artigos 3.4º e 12 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas; artigo 4.1º do Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos; artigo 7 do Real decreto 202/2000, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

7. Tipificación: de acordo co artigo 35 a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, a infracción debe cualificarse como leve, e pode ser sancionada, de acordo co artigo 36.1º a) da citada lei, con multa de ata tres mil cinco euros con seis céntimos (3.005,06 A).

8. Sanción imposta: 150,25 A (cento cincuenta euros con vintecinco céntimos).