Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 21 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 257/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 26 de marzo de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador nº 257/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a José Luis Costa López.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Luis Costa López o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento desta.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en cal

quera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 21 de abril de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 257/2002.

Denunciado: José Luis Costa López.

DNI/NIF: 32631445-B.

Último enderezo coñecido: Penela, 29-2º esq. Ortigueira.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de manipuladores de alimentos.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º.1; 2.2º e 3.3º.6 do Real decreto 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor, e o Real decreto 202/2000, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 90,15 euros. Noventa euros con quince céntimos.