Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual, pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de novembro de 2002 polo que se outorga unha concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia de carácter comercial.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 28 de novembro de 2002, relativo á concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter comercial, resulta necesario darlle publicidade ó mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora de carácter comercial; no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia,

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 28 de novembro de 2002, polo que se outorga a concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor de Publicidad 3, S.A., para a localidade de Ferrol; coas características técnicas que figuran no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2003.

Ignacio José Otero López

Director xeral de Comunicación e Audiovisual

ANEXO

Que o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinteoito de novembro de dous mil dous, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Outorga-la concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor da empresa Publicidad 3, S.A., para a localidade de Ferrol (A Coruña).

As características técnicas que se asignan a esta emisora son as seguintes:

-Frecuencia (MHz): 99.3.

-Localidade: Ferrol.

-Provincia: A Coruña.

-Coordenadas xeográficas (lonxitude/latitude):

008º W 17' 05''; 43º N 27' 08''.

-Cota (m): 255.

-Denominación da emisión: 256KF8EHF.

-Potencia radiada aparente máxima: 1,6 kW.

-Potencia máxima do equipo transmisor: 1 kW.

-Potencia de saída autorizada do transmisor: 700 W.

-Sistema radiante (tipo/elementos): directiva (D)/2.

-Ganancia máxima da antena (dB): 6.

-Directividade: directiva.

-Sectores de radiación: 30:180.

-Altura sobre o chan, do centro eléctrico da antena (m): 28.

-Altura do mastro sobre o chan (m): 28.

-Altura efectiva máxima (m): 283.

-Polarización da emisión: polarización mixta.

-Observacións: -.