Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.211

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de maio de 2003 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de decembro de 2001 para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de estatísticos.

Pola Orde do 12 de decembro de 2001 (DOG nº 245, do 20 de decembro) convocouse proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de estatísticos, sendo nomeados funcionarios en prácticas a través de Orde do 20 de febreiro de 2003 (DOG nº 41, do 27 de febreiro).

Unha vez publicados polo tribunal os resultados obtidos no curso selectivo e co obxecto de que os aspirantes que superaron o dito proceso selectivo accedan á condición de funcionarios coa maior brevidade posible, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de estatísticos, para a elección de destino con carácter definitivo, en único chamamento, no salón de actos pequeno da Consellería da

Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, sito no soto desta consellería no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, o día 19 de maio de 2003, ás 10 horas. Poderán elixir segundo a orde acadada no proceso selectivo, entre os postos que se relacionan como anexo desta orde, sempre que reúnan as condiciones esixidas nel.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou doutro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino con carácter definitivo as prazas que lles corresponden atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes ou representados, e entre as que quedaron sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Oferta de vacantes, grupo A, escala superior de estatísticos

Código de postoDenominaciónNivelConselleríaCentro de destinoConcello

1EFA.01.00.000.15770.002Posto base grupo A20Economía e FacendaInstituto Galego de EstatísticaSantiago de Compostela

2EFA.01.00.000.15770.003Posto base grupo A20Economía e FacendaInstituto Galego de EstatísticaSantiago de Compostela

3EFA.01.00.000.15770.004Posto base grupo A20Economía e FacendaInstituto Galego de EstatísticaSantiago de Compostela

4EFA.01.00.000.15770.011Posto base grupo A20Economía e FacendaInstituto Galego de EstatísticaSantiago de Compostela