Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.211

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de maio de 2003 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, nomeados pola Orde do 23 de xaneiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 22, do 30 de xaneiro).

Sendo nomeados funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, por Orde do 23 de xaneiro de 2002 (DOG nº 22, do 30 de xaneiro), e de conformidade co disposto no artigo 40 da Lei 4/1988, do 26 de maio, de función pública de Galicia, e o artigo 5 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, nomeados pola Orde do 23 de xaneiro de 2002 (DOG nº 22, do 30 de xaneiro), para a elección de destino definitivo no salón pequeno da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública sito no soto desta consellería no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, o día 19 de maio

de 2003 ás 10 horas. Poderán elixir segundo a orde conseguida no proceso selectivo entre os postos que se relacionan no anexo.

A elección de posto realizarase de conformidade co disposto nos artigos 40 e 60.3º da Lei 4/1988, do 26 de maio, de función pública de Galicia e o artigo 5 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Non terán obriga de elixi-los funcionarios que tomaran posesión con carácter definitivo nun posto de libre designación.

Os funcionarios deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós que non comparezan persoalmente nin por medio de representante seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles corresponden atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido nos procesos selectivos, unha vez rematado o proceso de adxudicación das prazas ós funcionarios presentes ou representados, e entre as que quedaron sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

PostoCódigo postoDenominaciónNivelGrupoCorpo/escalaCentro destinoConcello

1EFC991000015001002Posto base grupo A20ASuperior finanzasServicios periféricosA Coruña

2EFC991000015001003Posto base grupo A20ASuperior finanzasServicios periféricosA Coruña

3EFC991000027001002Posto base grupo A20ASuperior finanzasServicios periféricosLugo

4EFC991000032001002Posto base grupo A20ASuperior finanzasServicios periféricosOurense

5EFC991000036001002Posto base grupo A20ASuperior finanzasServicios periféricosPontevedra

6EFC991000036001060Inspector tributario26ASuperior finanzasServicios periféricosPontevedra

7EFC992000036560002Posto base grupo A20ASuperior finanzasServicios periféricosVigo