Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.210

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de maio de 2003 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de decembro de 2001 para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de estatísticos.

Pola Orde do 12 de decembro de 2001 (DOG nº 245, do 20 de decembro) convocouse proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de estatísticos, sendo nomeados funcionarios en prácticas a través da Orde do 20 de febreiro de 2003 (DOG nº 41, do 27 de febreiro).

Unha vez publicados polo tribunal os resultados obtidos no curso selectivo e co obxecto de que os aspirantes que superaron o dito proceso selectivo accedan á condición de funcionarios coa maior brevidade posible, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de estatísticos, para a elección de destino con carácter definitivo, en único chamamento, no salón

de actos pequeno da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, sito no soto desta consellería no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, o día 19 de maio de 2003, ás 10 horas. Poderán elixir segundo a orde acadada no proceso selectivo, entre os postos que se relacionan como anexo desta orde, sempre que reúnan as condicións esixidas nel.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou doutro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino con carácter definitivo as prazas que lles corresponden atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes ou representados, e entre as que quedaron sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Oferta de vacantes, grupo B, escala técnica de estatísticos

Código de postoDenominaciónNivelConselleríaCentro de destinoConcello

1EFA.01.00.000.15770.012Posto base grupo B16Economía e FacendaInstituto Galego de EstatísticaSantiago de Compostela

2EFA.01.00.000.15770.013Posto base grupo B16Economía e FacendaInstituto Galego de EstatísticaSantiago de Compostela