Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.206

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector da lousa das provincias de Ourense e Lugo para o ano 2002.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo do sector da lousa nas provincias de Ourense e Lugo, subscrito polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, e pola Asociación Gallega de Pizarristas, con data do 28 de xaneiro de 2003, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

Revisión salarial do convenio colectivo

do sector da lousa

(Provincias de Ourense e Lugo-ano 2002)

En Sobradelo de Valdeorras, o vinteoito de xaneiro de 2003, reunida a comisión negociadora do convenio colectivo de traballo do sector da lousa de Ourense e Lugo 2001-2002, co obxecto de aplicar, se procede, a revisión do índice de prezos de consumo (IPC) do ano 2002, composta pola parte social polas seguintes persoas:

-Por CC.OO: Ángel León Prieto, Manuel Fernández García e José Rodríguez Fernández.

-Por UGT: José Luis Casar Enríquez e Alfonso Álvarez Ramos.

-Por CIG: Adriano Fernando Brito Ferreira.

Pola parte empresarial, en representación da Asociación Gallega de Pizarristas: Jesús Vidal Corcoba, Manuel Fernández Blanco, Santiago Vázquez León, Rogelio López Rodríguez, Herminio Blanco Remesal e Bernardino Borrajo Delgado,

Acordan:

1. Coñecida a taxa anual de índice de prezos do consumo (IPC) no día 31 de decembro de 2002,

que foi do 4%, en virtude do estipulado no artigo 13 do referido convenio colectivo, procede aplicar revisión salarial para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2002, ambos incluídos, do 1,5%.

2. Establecer como anexo a táboa salarial revisada para o período indicado no acordo precedente.

ANEXO

Táboa salarial revisada do convenio colectivo da

lousa do ano 2002

Grupo prof.Sal. base

día

Compl. asis.

D/T

Salario

mes

G.C.

G 1. Licenciados23,1613,93987,331
Enx. superiores23,1613,93987,331
Enx. técnicos23,0913,64979,142
Graduados sociais23,0913,64979,142
Topógrafo23,0913,64979,142
Dtres. áreas e serv.23,0013,21967,413
Delineante22,9712,97961,473
Práctico topógrafo22,6911,62924,724
Axte. delineante22,6911,62924,724

G 2. Tec. administración22,9712,97961,475
Oficial adtvo. 1ª22,8612,54949,145
Oficial adtvo. 2ª22,6911,62924,725
Auxiliar adtvo.22,5510,92905,827

G 3. Encargados22,6911,62924,723
Mecánicos22,5510,92905,828
Electricistas22,5510,92905,828
Soldadores22,5510,92905,828
Fontaneiros22,5510,92905,828
Albaneis22,5510,92905,828
Auxi. oficios21,937,83822,3310

G 4. Encargados22,6911,62924,723
Chofer22,5510,92905,828
Padexeiro22,5510,92905,828
Barrenista/art.22,4110,21886,718
Auxi. oficios21,937,83822,3310

G 5. Encargados22,6911,62924,723
Operadores guindastre22,4110,21886,718
Serrador22,4110,21886,718
Labrador22,4110,21886,718
Rachador22,108,62844,029
Cortador22,108,62844,029
Embalador22,108,62844,029
Desc. carros22,108,62844,029
Auxi. oficios21,937,83822,3310

Antigüidade: Bienio16,68

Quinquenio25,36

Notas: os salarios establecidos no grupo 5 para rachador, cortador, embalador e descargador de carros aplicaráselles a aqueles traballadores que leven seis meses no desempeño do oficio; ata esa data o seu salario será o establecido para o auxiliar de oficios. Así mesmo, o salario establecido para o labrador aplicaráselles a aqueles traballadores que leven máis de dous anos no desempeño do oficio, xa que ata un ano o seu salario será o establecido para un cortador e dun a dous anos o seu salario será o seguinte:

-Salario base: 22,24 euros.

-Complemento de asistencia: 9,39 euros.

-Salario/mes: 864,39 euros.

O establecido no anterior parágrafo sobre salarios significa a aplicación dos respectivos grupos de cotización á Seguridade Social, en función deste.

Os traballadores menores de 17 anos e os de 17 anos terán, respectivamente, os salarios seguintes:

-Salario base: 20,74 e 20,93 euros.

-Complemento de asistencia: 1,81 e 2,74 euros.

-Salario/mes: 660,21 y 685,44 euros.

Outras contías incluídas no convenio:

-Axudas de custo:

Media: 8,41 euros.

Completa: 15,51 euros.

Prima casado: 90,15 euros.

-Indemnizacións:

G. inval ou inc. absol: 30.050,61 euros.

Inc. perm. total: 24.040,48 euros.

Morte: 27.045,54 euros.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA