Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 5 de maio de 2003 de fomento da mellora da calidade na comercialización de productos silvícolas.

O Regulamento (CE)1257/1999 do Consello, do 17 de maio, establece no seu artigo 30 a posibilidade de outorgar axudas para a transformación e comercialización de productos forestais, e no artigo 33 para a diversificación de actividades relacionadas co sector primario no contorno rural.

O Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006, aprobado por Decisión da Comisión do 7/3/2001, recolle na medida 1.2 as melloras na transformación e comercialización de productos agrícolas e forestais.

A conveniencia de repercutir no sector primario forestal os beneficios dun mercado dinámico e non intervido dos productos da madeira, precisa non só dispor de empresas competitivas de aproveitamentos, senón que tamén sexan capaces de transmitir ó sector forestal os valores que a sociedade demanda á madeira a través do mercado.

A competencia internacional e a crecente demanda de novos requisitos cualitativos nos productos de consumo fai prioritario o desenvolvemento e implan

tación de melloras nas condicións laborais, adaptacións ambientais e innovacións na xestión empresarial que permitan dinamiza-la cadea comercializadora, reducir ineficiencias e adaptarse a futuros criterios esixibles á cadea de custodia. Por iso, considérase conveniente incentivar non só melloras nos medios de producción, senón tamén, e con maior prioridade, melloras na calidade empresarial.

Coa finalidade de lograr unha boa execución dos recursos dispoñibles e asegura-la calidade dos investimentos que se subvencionan, contémplase a plurianualización das axudas, penalizacións por non execución de investimentos aprobados, así como a adaptación das resolucións de axuda a modificacións dos proxectos inversores, todo iso garantindo os criterios de concorrencia competitiva aplicados na concesión das axudas e dentro do marco normativo establecido polo Decreto 287/2000, de 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do anterior, ó abeiro do Decreto 287/2000 citado anteriormente, de acordo co artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto das axudas e beneficiarios.

a) Investimentos productivos.

Poderán ser subvencionables os investimentos en activos fixos productivos relativos ás operacións de aproveitamentos forestais, acondicionamento e transformación dos productos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais e residuos forestais do monte), realizados por empresas do sector forestal, comunidades de montes veciñais en man común ou agrupacións, legalmente constituídas, de propietarios forestais con máis de 100 ha arboradas. No relativo á madeira só se contemplarán as operacións anteriores ó serrado industrial da madeira, así como investimentos en serras realizados por empresas en activo, radicadas no contorno rural, con menos de 10 empregados.

b) Plans e ferramentas de xestión empresarial.

Poderanse considerar plans, proxectos, estudios e programas, orientados á mellora da cualificación empresarial. Poderán seren beneficiarias as empresas dos sectores indicados no punto anterior.

As actuacións subvencionables detállanse no anexo I.

Os beneficiarios deberán acredita-la súa viabilidade económica, e deberán ter, polo menos, o 35% do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 35% de estabilidade laboral ó remate do prazo concedido para xustifica-lo investimento. Non será nece

sario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros. No caso de empresas con menos de 10 traballadores, a porcentaxe de estabilidade laboral mínima esixida reducirase ó 33%.

As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acada-la mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

De xeito excepcional e coa debida motivación, en casos de estacionalidade da actividade ou de especiais dificultades dun sector ou dunha empresa concreta, a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos poderá autoriza-la non esixencia da porcentaxe mínima de emprego estable para obte-la consideración da axuda, do que se dará coñecemento á comisión de seguimento dos acordos de apoio á promoción.

Artigo 2º.-Exclusión.

Non será subvencionable:

a) A adquisición de terreos e mobiliario.

b) A adquisición de maquinaria usada.

c) Os tributos recuperables polo beneficiario, como o IVE.

d) A renovación de maquinaria que non implique melloras tecnolóxicas, productivas ou de seguridade. Considerarase neste caso o diferencial de custo.

e) Os gastos de reparación e mantemento.

f) Os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro ou calquera outra figura análoga.

g) Os investimentos destinados á manipulación ou comercialización de productos de países non comunitarios.

h) Os investimentos iniciados antes da solicitude de axudas ó abeiro do presente programa operativo, así como os investimentos en instalacións fixas e obra civil sen constancia oficial de non terse iniciado anteriormente.

i) Investimentos destinados ó comercio retallista.

j) Investimentos e actuacións con axudas financiadas con fondos comunitarios distintos do FEOGA.

Artigo 3º.-Prazo de presentación de solicitudes e convocatorias.

O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días hábiles a partir da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes que se presenten con posterioridade a esta data, así como os expedientes que non completen axeitadamente a documentación requirida no art. 6º no prazo establecido, quedarán excluídos; poderán considerarse na convocatoria seguinte por instancia do interesado e cando cumpran os requisitos esixidos na dita convocatoria.

Artigo 4º.-Importe das axudas.

Os investimentos en bens de equipo, recollidos no anexo I-A, terán unha subvención básica dun 35%, que poderá incrementarse ata o 45% (40% para as empresas que non cumpran a condición de PEMES), segundo os criterios indicados no anexo II, salvo para camións e obra civil no sector da madeira, que se limitarán ó 35%.

Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no anexo I-B subvencionaranse cunha axuda dun 45%.

A axuda máxima por solicitante limitarase a 220.000 euros.

Artigo 5º.-Criterios de selección.

A concesión de axudas axustarase os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, segundo o artigo 3 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A dispoñibilidade orzamentaria asignada a cada convocatoria limitará o número de expedientes que se vaian aprobar.

Para iso, ordenarase cada un dos investimentos solicitados de acordo co criterio de priorización e baremo que se indica a continuación. Aprobaranse os investimentos así ordenados, de maior a menor orde de prioridade, e dentro da mesma prioridade, de maior a menor puntuación ata esgota-lo orzamento.

A) Criterios para establece-la prioridade das solicitudes:

1º Seleccionaranse os plans e ferramentas de xestión empresarial citados no anexo I.2.

2º Continuarase cos investimentos en activos fixos productivos citados no anexo I.1, aplicando a baremación indicada de cada investimento solicitado, que será a suma da aplicación dos criterios indicados nos puntos B.1 e B.2.

3º En penúltima orde de prioridade consideraranse as obras civís, e en último lugar os camións.

B) Para puntua-los investimentos dentro da priorización anterior, aplicarase a baremación que se indica:

B.1. Segundo o obxecto de investimento.

Baremo

Equipos de protección individual 200

Procesadoras forestais, autocargadores, arrastradores150

Equipos tractocargadores completos, equipos completos de colleita de biomasa130

Investimentos en bens de equipo de empresas de transformación e acondicionado comercial de productos silvícolas non madeireiros130

Instrumentos de medición de masas forestais120

Implementos forestais de maquinaria de desembosque110

Baremo

Instalacións de parque húmido, peladoras, instalacións de clasificado de rolla, básculas80

Maquinaria e instalacións en serras de menos de 10 empregados60

Implementos forestais (góndolas, plataformas, guindastres) de transporte por estrada, pas cargadoras40

Parque de rolla e obra civil10

Vehículos para o transporte de madeira por estrada5

B.2. Segundo as características da empresa.

Baremo

Por cada punto porcentual de incremento de axuda, segundo o anexo II5

Investimentos maiores de 250.000 A: por cada 10.000 A que superen esta cantidade (considerando investimentos acumulados, mesmo os subvencionados anteriormente con cargo a esta liña de axudas). Aplicable individualmente a cada obxecto de investimento (RI-250.000)/10.000)1 punto

negativo

Volume de negocio na explotación forestal: [(V+50T)/I-1]x5

Por cada unidade, a partir da segunda, no cociente vendas/investimentos solicitados

(5 máx.)

(Os contratos de saca (T) valoraranse como vendas multiplicando o seu valor por 50)30

Serras con instalacións adaptadas (ou en proceso) á normativa de seguridade industrial e laboral30

Empresas de comercialización de productos silvícolas non madeireiros50

Empresas de comercialización conxunta (mínimo 3 empresarios do sector con actividade nos últimos 3 anos), agrupacións de propietarios forestais con máis de 100 ha arboradas, ou comunidades de montes veciñais)100

Artigo 6º.-Solicitudes e documentación.

1. Os interesados deberán presentar, perante a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, a seguinte documentación:

a) Instancia-solicitude, dirixida ó conselleiro de Medio Ambiente, segundo modelo que figura no anexo III desta orde.

b) Ficha cos datos da empresa solicitante, segundo o anexo V da orde.

c) Memoria onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo IV da presente orde e especialmente o estudio de viabilidade da empresa e do investimento.

d) Copia dos seguintes documentos:

-Último imposto de sociedades ou, no seu defecto, do IRPF.

-Declaración de operacións con terceiros (modelo 347).

-Copia cotexada do NIF ou CIF.

-TC1 e TC2 da empresa do mes de decembro de 2002.

e) Xustificación de que os productores de base participarán nas vantaxes económicas do investimento. Pódense presentar copias de contratos de compra de madeira, compromisos de adquisición, declaracións

de interese de agrupacións e asociacións forestais, ou documentación equivalente.

f) No caso de obra civil: licencia municipal ou informe urbanístico favorable.

2. Recibidas as solicitudes examinaranse os documentos presentados. No caso de que sexan detectadas faltas ou omisións, requirirase o interesado para emenda-los erros ou achega-la documentación preceptiva no prazo de dez días hábiles.

Artigo 7º.-Distribución do orzamento.

As axudas fixadas na presente orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, podendo verse incrementadas a través das oportunas modificacións orzamentarias:

15.02.614C.770.0, con 2.000.000 de euros para o ano 2003, e 1.700.000 euros para o ano 2004.

Artigo 8º.-Tramitación e concesión de axudas.

A distribución das anualidades nas axudas individuais realizarase de acordo coas previsións de execución comunicadas polos beneficiarios e ós condicionantes orzamentarios indicados no artigo 7º.

O conselleiro de Medio Ambiente resolverá os expedientes de cada convocatoria a proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, que deberá axustarse ó disposto no artigo 9º.5 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas. A resolución individual e motivada notificáraselle ó interesado.

As solicitudes denegadas por exclusión no proceso de selección poderanse considerar na seguinte convocatoria de axudas por instancia do solicitante se cumpren os requisitos esixibles na seguinte convocatoria.

As solicitudes que, unha vez transcorridos 6 meses desde a convocatoria á que se acolleron, non tiveran unha comunicación de aprobación de axuda, poderán entenderse desestimadas consonte o establecido no artigo 44 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Contra a resolución da axuda aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, cabe a interposición do recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fora expresa ou seis desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 9º.-Posibilidade de modificación da resolución e reintegros da axuda.

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas o solicitante precisara introducir modificacións a el, solicitará autorización da Consellería de Medio Ambiente, xustificando as razóns do cambio e xuntando a oportuna actualización do expediente que contemple as variacións do proxecto orixinal. Poderanse modifica-las resolucións individuais de axuda, sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida derivar en criterio discriminatorio respecto a terceiros.

A modificación realizarase mediante resolución do conselleiro de Medio Ambiente, logo de proposta motivada do director xeral de Montes e Industrias Forestais e instrucción do correspondente expediente de modificación aplicando os criterios de selección do artigo 5º. As renuncias da subvención, na totalidade ou en parte, por parte do beneficiario comportarán a correspondente resolución da Administración nos termos e condicións previstas no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Toda alteración das condicións tidas consideradas na concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

3. No caso de incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de subvención, procederase á revogación parcial ou total da axuda.

Se o beneficiario percibira pagamentos parciais ou anticipos e a execución parcial non cumprira os obxectivos iniciais previstos, así como as condicións da resolución, procederase á tramitación do expediente de reintegro da subvención percibida máis os xuros de demora.

4. No caso de que se reducisen os investimentos proxectados, sempre que estes sexan susceptibles de avaliación independente e cumpran os fins previstos inicialmente, a subvención que hai que pagar será proporcional ós investimentos xustificados sempre que a axuda siga mantendo a finalidade da súa concesión, cunha penalización equivalente ó 20% da axuda concedida dos investimentos non xustificados en prazo. Non se penalizará se o beneficiario comunica a imposibilidade de executar estes investimentos cunha antelación superior a dous meses antes do remate do prazo de execución.

Artigo 10º.-Procedemento de pagamento e xustificación.

1. O prazo de xustificación finalizará o 15 de outubro de 2003 e o 30 de maio de 2004, segundo a anualidade que corresponda.

2. Para a percepción dos pagamentos, sexan parciais ou totais, deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de cobro da subvención.

b) Xustificación dos investimentos realizados mediante:

-Relación ordenada dos investimentos e os pagamentos efectuados (anexo VII).

-Copias cotexadas das facturas orixinais sobre as que se realizará a toma de razón, así como copias dos documentos bancarios de pagamento.

c) Certificacións do cumprimento formal das obrigas coa Seguridade Social e fiscais e de non ter débedas pendentes de liquidación coa Comunidade Autónoma. Estas dúas últimas poderanse substituír pola autorización, segundo o modelo do anexo VIII, baseándose no disposto na cláusula 3ª do convenio de colaboración entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de subministración de información para finalidades non tributarias.

d) Certificado bancario de conta corrente e ficha bancaria.

e) Declaración xurada do beneficiario sobre axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas para os mesmos investimentos.

f) No último pagamento achegaranse os seguintes documentos:

f-1: memoria (anexo VI), en que se indiquen as actuacións executadas, as medidas correctoras implantadas e a importancia delas na actividade futura da empresa.

f-2: actualización da ficha cos datos da empresa, segundo o anexo V da orde.

f-3: xustificantes das accións contempladas no anexo II para incrementa-la porcentaxe de axuda.

f-4: copia dos seguintes documentos:

-Último imposto de sociedades ou, no seu defecto, do IRPF.

-Declaración de operacións con terceiros (modelo 347).

-Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral da empresa desde o inicio do ano no que se solicitou a axuda ata a data de xustificación final dos investimentos, coa relación de traballadores e as datas de alta e baixa, ou certificado de non ter traballadores no réxime xeral, se é o caso.

g) Específicas dos investimentos obxecto de subvención:

g-1: plans e ferramentas de xestión: para o pagamento parcial da primeira anualidade, deberase presenta-lo contrato asinado. Para o pagamento final presentarase informe de seguimento do plan con detalle das accións correctoras.

g-2: maquinaria móbil: ficha técnica do vehículo, permiso de circulación do vehículo (se procede), seguro do vehículo ou de responsabilidade civil da empresa con indicación expresa do vehículo. Ademais, deberán presenta-la mesma documentación dos equipos subvencionados anteriormente ou dos que os substituíron. A non xustificación dos equipos anteriores suporá a reducción no investimento subvencionable do importe do investimento subvencionado anteriormente.

g-3: vehículos e implementos de transporte de madeira por estrada: documentación indicada no punto anterior, tanto dos bens obxecto de subvención como dos equipos de saca que condicionan a súa subvención.

g-4: obra civil: para o pagamento da última anualidade, planos de planta, licencia municipal de obra ou documentación xustificativa da súa tramitación con informe favorable do técnico municipal.

g-5: serras: planos de planta e de distribución da maquinaria, certificado de homologación da maquinaria e informe de seguridade da súa instalación.

3. Unha vez comprobada a documentación presentada e realizada a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais emitirá a correspondente proposta de pagamento.

4. De acordo co Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve ó réxime xurídico de axudas e subvencións públicas na Comunidade Autónoma de Galicia, poderanse realizar pagamentos parciais. Os pagamentos parciais non superarán o 80% da subvención concedida.

5. Os pagamentos parciais serán garantidos mediante aval bancario ou de entidade aseguradora suficiente, que se depositará por tempo indefinido a disposición da Consellería de Medio Ambiente na Tesourería Xeral da Xunta de Galicia. O referido aval garantirá a cantidade anticipada máis os xuros, calculados ó xuro legal do diñeiro vixente no momento da concesión e por un prazo que medie entre a data de solicitude e, como mínimo, dous meses tra-lo remate do prazo de xustificación previsto. O certificado de depósito de aval bancario devolveráselle ó interesado unha vez se comprobe, mediante inspección in situ, a realización material do obxecto da subvención, así como as restantes condicións da subvención. Estes avais poderán ser liberados no suposto de que se constitúan para pagamentos parciais correspondentes a fases ou partes do investimento susceptibles de avaliación independente e se comprobe a realización do investimento.

6. O pagamento da porcentaxe adicional ós investimentos en activos productivos, recollido no artigo 4º, queda condicionado á execución das accións que incrementan a axuda e ó seu seguimento por parte da empresa.

Artigo 11º.-Disposicións comúns.

1. As axudas serán compatibles con calquera outra destinada ós mesmos fins procedente de administracións públicas, salvo fondos comunitarios distintos do FEOGA, ata un límite de subvención neta equivalente do 40%, 55% para as PEMES, de acordo coa Decisión da Comisión Europea nº 773/99, do 17-5-2000, na que se establece o mapa de axudas de finalidade rexional para España no período 2000-2006.

2. En calquera fase do proceso de tramitación, o órgano xestor da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais poderalle solicitar ó interesado as aclaracións ou xustificacións oportunas con respecto ós datos da documentación esixible.

3. O beneficiario quedará obrigado a mante-lo investimento subvencionado, e o emprego ligado a este, durante un período mínimo de 5 anos.

4. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería de Medio Ambiente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.

Artigo 12º.-Información e publicidade.

Na resolución individual de concesión da axuda, indicarase a contía ou porcentaxe de participación dos fondos FEOGA-O e da Xunta de Galicia.

Os bens de equipo financiados con estas axudas identificaranse con adhesivos que informarán do seu financiamento con fondos FEOGA-O e levarán o logotipo da Unión Europea e da Xunta de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para dictar cantas disposicións complementarias estime oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES

1. Investimentos en activos fixos productivos.

Non se considerarán substitucións de investimentos subvencionados anteriormente, salvo diferencial de custo. Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes.

1.1 Equipos persoais de seguridade para o traballo no monte, ata o número de empregados que figuren no TC2, sen superar o 30% do total dos investimentos.

1.2. Procesadoras, autocargadores e arrastradores forestais, así como as adaptacións e implementos.

1.3. Equipos tractocargadores completos (tractores con cabinas reforzadas homologadas, proteccións forestais nas rodas e baixos, asento xiratorio, guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción). Consideraranse tamén os equipos orientados á recolleita de biomasa.

1.4. Apeiros e implementos forestais que permitan un primeiro tratamento dos productos forestais: desbrozadoras, peladoras móbiles, esteladoras, empacadoras, e outras para fins similares, en número non superior os equipos de saca de madeira propiedade da empresa.

1.5. Góndolas, camións e plataformas para o transporte da madeira ou biomasa e guindastres que se instalen nelas. O número de camións, plataformas e guindastres limitarase ó número de equipos de saca (tractocargadores ou autocargadores) subvencionados á empresa. Só se subvencionará unha góndola por empresa sempre que esta dispoña de máquina procesadora.

1.6. Instrumentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira (máximo auxiliable 1.500 euros/empresa).

1.7. Básculas, pas cargadoras de rolla, liñas de pelado e instalacións de clasificado de rolla.

1.8. Obra civil relacionada co movemento de rolla (deberán presentar licencia municipal ou informe urbanístico favorable do concello):

-Preparación do patio de amoreamento e cargadoiros de rolla (máximo auxiliable 18 euros/m).

-Alpendres para almacenamento de rolla (máximo auxiliable 120 euros/m).

-Instalacións de parque húmido de rolla (máximo auxiliable 40 euros/m).

1.9. Bens de equipo, instalacións e obra civil (cos máximos auxiliables xa sinalados) en empresas de recollida, manexo, comercialización e transformación de productos forestais non madeireiros (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais e residuos forestais do monte).

1.10. Maquinaria e instalacións, homologadas e con informe de seguridade da súa instalación realizado por empresa autorizada, en serras en activo de menos de 10 empregados.

2. Plans e ferramentas de xestión empresarial. Consideraranse os seguintes, así como o seu seguimento e execución das medidas correctoras:

2.1. Adaptación das instalacións á normativa de seguridade industrial e laboral: gastos de asesoramento e investimentos correctores.

2.2. Plans empresariais de prevención de riscos laborais.

2.3. Plans correctores e preventivos de riscos ambientais, e implantación de códigos ou normas de boas prácticas medioambientais.

2.4. Implantación na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade para o control de custos, calidade, mantemento, avarías. Equipos informáticos con conexión á Internet, ata un máximo auxiliable de 1.500 euros/empresa.

2.5. Preparación do proceso productivo para unha futura adaptación á cadea de custodia de madeira certificada, e/ou normativa de calidade.

ANEXO II

ACCIÓNS E PORCENTAXE DE INCREMENTO DA AXUDA

Accións que incrementan a axuda

(Nos investimentos en activos fixos productivos)

Incremento

da axuda

Por cada curso de formación específico da actividade forestal cunha duración mínima de 30 horas, realizado por traballadores da empresa desde o 1-1-2000 (máximo 2 cursos)1%

Por ter contrato de prevención de riscos laborais1%

Por dispor de contrato de externalización das garantías dos traballadores1%

Por dispor seguro de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención2%

Por pertencer a asociación profesional do sector1%

Por ter contrato con xestor autorizado de residuos industriais3%

Se investimentos para a comercialización e transformación de productos silvícolas non madereiros3%

Por instalacións e maquinaria adaptadas á normativa de seguridade industrial3%

Por plan de adaptación da empresa á cadea de custodia5%

Por plan de control da calidade e/ou mellora da xestión empresarial5%

Si empresas de comercialización conxunta (mínimo 3 de empresarios do sector con actividade nos últimos 3 anos), agrupacións de propietarios con máis de 100 ha arboradas, ou comunidades de montes veciñais8%

Por compromiso de creación de posto de traballo fixo, no réxime xeral (máximo 2)2%

Os cursos de formación deberán ter un recoñecemento oficial. Non se contabilizarán os propios dos plans de seguridade laboral. Para valora-los cursos de formación poderase achegar un compromiso mediante declaración xurada, acompañado de informe favorable da asociación sectorial ou organismo capacitado para a realización do curso.

As empresas novas poderán achegar compromiso de realización das accións.

Poderanse contemplar, no caso das adaptacións á normativa de seguridade industrial e dos plans de adaptación á cadea de custodia e de mellora da xestión empresarial, contrato ou, no seu defecto, orzamento comercial da acción e declaración xurada comprometéndose á súa execución e memoria en detalle do contido que se vai desenvolver.

Estas accións serán comprobadas na inspección final, analizando se efectivamente foron incorporadas ó funcionamento normal da empresa. A non execución será penalizada de acordo co indicado no art. 9º.4).