Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de maio de 2003, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

A presente relación de postos de traballo da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior ten o seu fundamento na entrada en vigor do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos

da Xunta de Galicia, así como no acordo do Consello da Xunta de Galicia, de data 27 de febreiro de 2003, polo que se adecuan os distintos postos de traballo dos servicios e departamentos afectados polo referido decreto.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do oito de maio de dous mil tres, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la relación de postos de traballo da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da relación de postos de traballo no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do oito de maio de dous mil tres, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Código-Descrición das titulacións académicas.

2022Licenciado en ciencias económicas.

2061Licenciado ciencias políticas.

Código-Descrición das formacións específicas.

001Mecanografía.

024Sist.operat./b.datos/programac.

030Coñecementos inglés.

032Coñecementos francés.

151Coñecementos outros idiomas comunitarios.

161Experiencia en políticas comunitarias.

162Experiencia en cooperación exterior.

523Diploma de directivo.

640Para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

641Para persoal doutra administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

Código-Descrición doutras administracións.

A11Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

A17Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

AXGAdscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.