Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de maio de 2003, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Emigración.

A presente relación de postos de traballo da Consellería de Emigración ten o seu fundamento na entrada en vigor do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, así como no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de febreiro de 2003, polo que se adecuan os distintos postos de traballo dos servicios e departamentos afectados polo referido decreto.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do oito de maio de dous mil tres, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la relación de postos de traballo da Consellería de Emigración, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do oito de maio de dous mil tres, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Emigración, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Código-Descrición das titulacións académicas.

2062Licenciado en dereito.

Código-Descrición das formacións específicas.

523Diploma de directivo.

494Licenciado en socioloxía (mérito).

501Licenciado en dereito (mérito).

640Para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

641Para persoal doutra administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

Código-Descrición doutras administracións.

A11Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

A17Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal

docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

AXGAdscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.