Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.186

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de maio de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

O Centro de Control de Calidade e Medio Mariño da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, acadou nos últimos anos unha maior carga de traballo e como consecuencia da liña de traballo que está a desenvolver adquiriu a categoría de laboratorio acreditado pola Entidade Nacional de Acreditación o que supón, desde o punto de vista técnico e organizativo, a necesidade de modifica-la actual relación de postos do referido centro.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade

Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do oito de maio de dous mil tres, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do oito de maio de dous mil tres, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Código-Descrición das titulacións académicas.

4115FP2-química (análise e procesos básicos).

Código-Descrición das formacións específicas.

701Exp.mín. 2 anos na xestión e técn. de progr. ctrl. calid. medio mariño (R.I.).

703Exp.mín. 2 anos en prog. de ctrl. e técn. anal. fitopla. e cond.ocean. (R.I.).

704Experiencia mínima de dous anos en programas de control e técnicas de análise de biotoxinas mariñas (R.I.).

705Experiencia mínima de dous anos en programas de control e técnicas analíticas de contaminación mariña de orixe química (R.I.).

706Experiencia mínima de dous anos en técnicas de mostraxe de organismos mariños (R.I.).

707Experiencia mínima de dous anos en mostraxe e análise de condicións oceanográficas e taxonomía do fitoplancto (R.I.).

708Experiencia mínima de dous anos en análise de biotoxinas mariñas por clae (R.I.).

709Experiencia mínima de dous anos en xestión de animalario e análise de biotoxinas por bioensaio (R.I.).

710Experiencia mínima de dous anos na análise de metais pesados e organoclorados por A.A. e C.G. no medio mariño (R.I.).

711Experiencia mínima de dous anos en técnicas analíticas de microbioloxía e patoloxía de moluscos e peixes (R.I.).

712Experiencia en mantemento de animalario, identificación e eviscerado de organismos mariños (R.I.).

718Experiencia mínima de dous anos en xestión ou implantación de sistemas de calidade en

laboratorios de análises de augas e/ou organismos mariños, segundo a norma EN45001 (R.I.).

880Experiencia mínima de dous anos en técnicas de análise de nutrientes, carbono e pigmentos fotosintéticos en auga de mar (R.I.).

881Experiencia mínima de dous anos en avaliación da calidade das zonas de producción no medio mariño (R.I.).

954Permiso conducir B (req.indispensable).