Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/92).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: variante entre apoios nº 11 e nº 17 da L.A.T. 220 kV Sabón-Grela/Mesón.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: variante entre os apoios nº 11 e nº 17 da L.A.T. 220 kV Sabón-Grela/Mesón, ó seu paso polo lugar de Oleiros, no municipio de Arteixo, consistente en:

-Tramo de liña eléctrica aérea de alta tensión, sobre apoios metálicos de celosía, con conductor Condor LA-455, de dous circuítos e cunha lonxitude de 1.655 m, que parte do apoio nº 11 existente e no nº 18 tamén existente, con cable de terra e fibra óptica AC-50 e OPGW2..64F, respectivamente. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de marzo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña