Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Luz Norte Iluminación, S.L.
Domicilio social: estrada da Coruña de Lugo, 107, 27004 Lugo.
Denominación: L.M.T. a 20 kV e C.T. de 400 kVA para establecemento comercial.
Situación: Lugo.
Descricións técnicas:
-L.M.T. subt. a 20 kV con 475 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z.1.
-C.T. de 400 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente o seu dereito.
Lugo, 18 de marzo de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo