Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: variante de liña entre os apoios nº 2 e nº 8 da L.A.T. 220 kV Sabón-Meirama.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: variante entre os apoios nº 2 e nº 8 da L.A.T. 220 kV Sabón-Meirama, ó seu paso polo lugar de Oseiro, no municipio de Arteixo, consistente en:
-Tramo de liña eléctrica aérea de alta tensión, a 220 kV, sobre 7 apoios metálicos de celosía, de 1.558 m de lonxitude, que parte do apoio nº 2 existente e finaliza no apoio nº 8 tamén existente, con
cable de terra e fibra óptica OPGW2..64F. Concello de Arteixo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 28 de marzo de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña