Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a contratación da subministración sucesiva de diverso material de electrónica de redes informáticas para a interconexión dos centros educativos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. (Expediente 03/03SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 03/03SU.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de diverso material de electrónica de redes informáticas para a interconexión dos centros educativos dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: centros educativos (ver anexo).

c) Prazo de execución: 60 días ou o prazo que sinale a empresa se fose inferior.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 239.710 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe total de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Univesitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 58 54 55.

b) Domicilio: praza de Mazarelos, nº 14 baixo, 15703 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 2496

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o quinto día hábil contado desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 11 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria