Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 5 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente no reparto.

De conformidade co disposto polo artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, notificouse a proposta de resolución do procedemento sancionador, poñendo no seu coñecemento que dispón dun prazo de quince días para formular alegacións e presenta-los documentos ou informacións que estime pertinentes ante o instructor do procedemento.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

Manuel Fernández Ramos

Instructor

ANEXO

Expediente: 107C-2002/17-0 (sancionador).

Denunciado: José Manuel Freire Pérez.

Condición: presunto responsable.

Ultimo enderezo coñecido: r/ Alcalde Jaime Hervada, nº 39-4º ctro.-esq. (A Coruña).

Feitos: construcción de galpón e peche sen licencia municipal en solo rústico protexido.

Lugar: Santa Icía-Morás.

Concello: Arteixo.

Precepto infrinxido: artigo 182.2º Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 70.2º do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Precepto sancionador: artigo 185.1º c) Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 82 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Sanción proposta: 3.176 euros con 33 céntimos.