Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica a resolución de reintegro de pagamentos indebidos á persoa que se sinala (María Jesús Novo Prego).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, a resolución da Dirección Xeral de Tributos pola que se lle require á persoa que se relaciona no anexo o reintegro do importe que se indica e polo concepto que se sinala.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña notificarlle a oportuna liquidación, na que constará a forma e o prazo de ingreso.

Contra a resolución obxecto de notificación poderá interpoñer, no prazo de 15 días hábiles, contados

a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro.

-Reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no Decreto 34/1997, do 20 de febreiro.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2003.

Joaquin Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Interesada: María Jesús Novo Prego.

DNI: 32382688.

Enderezo: avda. Xeneral Sanjurjo nº 98, portal 7-2 B, 15006 A Coruña.

Concepto: cobramento indebido.

Importe: 2.238,93 euros.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA