Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da subministración sucesiva de reedición do material gráfico do programa galego de promoción da saúde bucodental (C/185-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: C/185-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reedición do material gráfico do programa galego de promoción da saúde bucodental.

b) Número de unidades que se van entregar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: non hai.

d) Lugar de entrega: a indicada pola Dirección Xeral de Saúde Pública.

e) Prazo de entrega: 30 días naturais desde a notificación da petición.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: cento tres mil cento setenta e oito euros (103.178 A).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Consellería de Sanidade. Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; teléfono: 981 54 36 18 e telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). No caso de que o día sinalado coincida en domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses contados desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), que se computará desde o quinto día natural seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo ascende a dous mil euros (2.000 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria onde se poden obte-los os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2003.

P.D. (D. 45/2002, do 8 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División Xeral de Recursos

Económicos