Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 11/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 21 de marzo de 2003, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e os estatutos presentados pola comisión xestora do polígono H3.05 (rúa Valencia) do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, adveríndolles que poderán solicita-la incorporación a xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir desta notificación, mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente, segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e, no seu nome, a Antonio Gómez Navarro, como presidente dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Advertirlle á comisión xestora que, unha vez vencido o prazo dun mes, ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que soliciten a súa incorporación, para o que dispón dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta a xefa de Xestión no Servicio de Urbanismo, Berta Rosón López.

Sexto.-Requirir da comisión xestora e, no seu nome, a Antonio Gómez Navarro, para que ingrese na caixa municipal, en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, a cantidade de 372,30 euros, advertíndolle que sen a xustificación de ter ingresada a dita cantidade non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes, e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose

expresa e, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de telo interposto.

Comunícase, así mesmo, que a solicitude de adhesión á xunta de compensación terá que ir xunto cos títulos que posúan e declara-las situacións xurídicas que afecten os seus predios.

No caso dos titulares dun dereito de arrendamento ou algún outro sobre un inmoble, requírese destes que no prazo dun mes presenten ante a comisión xestora, con domicilio na rúa Javier Fonte, 1, baixo K (teléfono 981 20 21 76), ou ante o concello, a documentación xustificativa de tal dereito.

A Coruña, 1 de abril de 2003.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo