Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 14 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 312/02 PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 24 de marzo de 2003, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 312/02 PRO, incoado na Delegación Provincial da Coruña a José Mª Regueiro Castro.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Mª Regueiro Castro o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1º do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 14 de abril de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 312/02 PRO.

Denunciado: José Mª Regueiro Castro.

DNI/NIF: 32826079-L.

Último enderezo coñecido: avda. Santa Cristina, 122. Oleiros.

Feito imputado: nas escaleiras de acceso ó Pub Andrómeda, sitúase unha máquina expendedora de elaborados de tabaco, a cal non está baixo control dos empregados así como a inexistencia na dita máquina dun carné informativo de prohibida a venda de elaborados de tabaco a menores de 18 anos.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: artigo 35.B.1 da Lei 14/1986, seral de sanidade, e artigos 13.4º e 37.3º.a) da Lei 2/1996, de Galicia sobre droga.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 3.005,07 euros (tres mil cinco euros con sete céntimos).