Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, por concurso e trámite urxente, de tres obras nas illas de San Antonio e San Simón en Redondela (Pontevedra).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-los concursos que a seguir se citan:

-Obxecto: construcción dun almacén-viveiro na illa de San Simón. Cesantes. Redondela (Pontevedra).

Orzamento base de licitación: cento noventa e nove mil cincocentos cincuenta e catro euros con sete céntimos (199.554,07 A), IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

Solvencia económica: non se esixe ó ser requisito indispensable a clasificación.

Solvencia técnica: non se esixe ó ser requisito indispensable a clasificación.

-Obxecto: construcción dun miradoiro da boca da ría na illa de San Simón. Cesantes. Redondela (Pontevedra).

Orzamento base de licitación: setenta e cinco mil setecentos dezaseis euros (75.716 A), IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica: informe emitido por unha institución financeira.

Solvencia técnica: declaración que indique os técnicos de que disporá a empresa para a execución das obras (cada un dos técnicos deberá presentar un compromiso asinado de adicación a elas).

-Obxecto: construcción dun miradoiro do fondo da ría na illa de San Antonio. Cesantes. Redondela (Pontevedra).

Orzamento base de licitación: setenta e catro mil novecentos setenta e dous euros con cincuenta e seis céntimos (74.972,56 A), IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica: informe emitido por unha institución financeira.

Solvencia técnica: declaración que indique os técnicos de que disporá a empresa para a execución das obras (cada un dos técnicos deberá presentar un compromiso asinado de adicación a elas).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita los expedientes: Secretaría Xeral.

2. Obxecto dos contratos.

a) Tipo de contratos: obras.

b) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

c) Prazo de execución: os arriba indicados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: os arriba indicados para cada expediente.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os proxectos de obras poderán ser examinados no Servicio de Obras e Contratación (teléfono 981 54 48 23) da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, e solicitarse no teléfono 981 58 89 38.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións nos seguintes enderezos da Internet:

Almacén-Viveiro: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2462

Miradoiro da boca da ría: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2463

Miradoiro do fondo da ría: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2465

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: a indicada para cada expediente.

b) Solvencia económica e técnica: a indicada para cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar para cada un dos expedientes: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que licitan a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación (sobres A e B ) para cada un dos contratos.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ó previsto na cláusula 6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (sala de xuntas), San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: a partir das 11 horas do oitavo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

P.D. (Orde do 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo