Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, pola que se lle dá publicidade á relación de empresas adheridas ó convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas de telecomunicacións para o fomento das tecnoloxías da comunicación no sector das Pemes.

O director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, cumpridos o trámites para a adhesión ó convenio aberto de colaboración subscrito o 13 de maio de 2002 entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas de telecomunicacións para o fomento das tecnoloxías da comunicación no sector das Pemes (DOG nº 102, do 29 de maio de 2002), acorda darlle publicidade á relación de empresas adheridas con posterioridade á súa sinatura:

-ITC Comunicaciones, S.L.

-2 Mares de Mil, S.L.

-Telecom y Novatecno, S.A.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2003.

José Manuel González González

Director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO