Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 2 de maio de 2003 pola que se lles autoriza o cambio de categoría a dúas escolas de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento e modificación das escolas de navegación de lecer.

Solicitándose modificación de categoría pola Escola XGEN008-Federación Galega de vela e a XGEN009.-Juan A. Pereiro Rodríguez, e logo de cumprido o procedemento establecido, procede realiza-la súa inscrición na nova categoría.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º

Cambiar de categoría as seguintes escolas.

XGEN008.-Federación Galega de Vela coa mesma denominación comercial á categoría de Escola de Navegación de Lecer (ENAL).

XGEN009.-Juan A. Pereiro Rodríguez coa denominación comercial Pontis Veteris-Náutica á categoría de Escola de Navegación de Lecer (ENAL).

Artigo 2º

Modifica-la inscrición das citadas escolas no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos