Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.023

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación da Resolución do 3 de abril de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas.

O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública dictou, con data do 2 de maio de 2003, resolucións estimatorias dos recursos de reposición formulados por Carlos Rodríguez Nogueira e Amador Fernández Lorenzo contra a Resolución do 3 de abril de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), (DOG nº 71, do 10 de abril).

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio da petición dos interesados, procede modifica-la Resolución do 3 de abril de 2003, no sentido de eliminar da relación de excluídos que figura publicada como anexo á dita resolución a Carlos Rodríguez Nogueira DNI 33999577-B, incluíndoo na relación definitiva de admitidos e a Amador Fernández Lozano DNI 34944308-V, eliminalo da relación de aspirantes admitidos polo sistema de acceso libre, incluíndoo na relación definitiva de admitidos pola quenda de promoción interna, ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común ou, se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artígo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública