Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.022

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de maio de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquitectos técnicos, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro) para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) e realizado o acto previsto na Orde do 25 de abril de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Nomear funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquitectos técnicos, os aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de promoción interna e acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final obtida, e adxu

dicándolles, como destino provisional, o que figura no anexo.

Para adquiriren a condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Promoción interna

Apelidos e nomeDNICódigo do postoDenominaciónNivelConcelloProvinciaCarácter

Díaz Ebra, Manuel34940823-MOT.C99.10.000.32001.085Vixilante urbanístico22OurenseOurenseProvisional

Acceso libre

Apelidos e nomeDNICódigo do postoDenominaciónNivelConcelloProvinciaCarácter

López Núñez, María Consuelo32756113-LOT.C99.10.000.32001.086Vixilante urbanístico22OurenseOurenseProvisional

Rodríguez Ruibal, José Manuel35299667-AOT.C99.10.000.36001.103Vixilante urbanístico22PontevedraPontevedraProvisional

Otero Tovar, Luisa Sonia07528730-WOT.A99.10.000.36001.048Arquitecto técnico da unidade técnica22PontevedraPontevedraProvisional

Roldán González, María de la Luz35290438-COT.C99.10.000.36001.104Vixilante urbanístico22PontevedraPontevedraProvisional

Guerra Salorio, Inés32655712-JOT.C99.10.000.15001.111Vixilante urbanístico22A CoruñaA CoruñaProvisional

Labraña Barrero, Carlos Ignacio76410327-AOT.C03.00.002.15770.036Vixilante urbanístico22Santiago de C.A CoruñaProvisional

Vázquez Pérez, Víctor Manuel32796484-WOT.C99.10.000.15001.110Vixilante urbanístico22A CoruñaA CoruñaProvisional

García García, Roberto10073116-JOT.C99.10.000.15001.109Vixilante urbanístico22A CoruñaA CoruñaProvisional

Pereira Loureiro, José Santiago34980407-YOT.C99.10.000.36001.010Arquitecto técnico de funcións facultativas22PontevedraPontevedraProvisional

Paniagua Mateos, María José34963744-HOT.C03.00.000.15770.007Arquitecto técnico de funcións facultativas22Santiago de C.A CoruñaProvisional

Barcia Mon, Ceferino33994067-KOT.C03.00.000.15770.009Arquitecto técnico de funcións facultativas 22Santiago de C.A CoruñaProvisional

Santaballa Álvarez, Roberto76412397-AOT.C03.00.002.15770.037Vixilante urbanístico22Santiago de C.A CoruñaProvisional