Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro) para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) e realizado o acto previsto na Orde do 25 de abril de 2003.
Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,
DISPÓN:
Nomear funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos industriais, os aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicán
dolles, como destino provisional, o que figura no anexo.
Para adquiriren a condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.
O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública
ANEXO
Apelidos e nome DNI Código do posto Denominación Nivel Concello Provincia Carácter
Martínez Arca, Isidoro 33259263-K IC.C99.10.000.15001.060 Enxeñeiro técnico 22 A Coruña A Coruña Provisional
García Álvarez, Eva Áurea 09788202-T IC.C03.00.001.15770.015 Enxeñeiro técnico 22 Santiago de C. A Coruña Provisional
Apelidos e nome DNI Código do posto Denominación Nivel Concello Provincia Carácter
Sánchez López, Fernando Manuel 32663575-X Excedencia voluntaria por incompatibilidade, artigo 55.1º da Lei 4/1988, do 26 de maio
Garnelo Preciado, Ignacio 32658992-G IC.C99.10.000.36001.055 Enxeñeiro técnico 22 Pontevedra Pontevedra Provisional