Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.023

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de abril de 2003 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron o proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 6 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 18 de marzo).

Pola Orde do 30 de agosto de 2002 (DOG do 5 de setembro) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 6 de marzo de 2002 (DOG do 18 de marzo).

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente no procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 6 de marzo de 2002 (DOG do 18 de marzo) os opositores que figuran no anexo da Orde do 20 de agosto de 2002 (DOG do 26 de agosto).

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria